XAQUÍN CORBAL E MARIO RIVERA, NOVOS PILOTOS JÚNIOR FGA 2025

1 febrero, 2025

Xaquín Corbal e Mario Rivera foron os pilotos escollidos na selección da «Beca Carcross FGA 2025» celebrada este sábado día 1 de febreiro no circuito de A Pastoriza.

Unha xornada marcada polo tempo frío e húmido no trazado lucense, no que os 16 aspirantes demostraron un excelente nivel.

Ao longo da mañá os participantes foron realizando as distintas mangas da que saíron os catro finalistas para disputarse os dous asentos da beca, o de autocross a partir de 13 anos para o gañador, e o de montaña a partir dos 16 anos, tal e como recollen as bases da mesma.

Nesta manga final, o mellor foi Xaquín Corbal, cun tempo de 37,457. Desta forma Corbal será o piloto da FGA no Campionato Xunta de Galicia de Autocross.

O segundo posto foi para Pablo Molinos, que ao non contar cos 16 anos previstos nas bases, deixou o seu lugar a Mario Rivera, que será o piloto FGA no Campionato Xunta de Galicia de Montaña.

Compartir