Despois dun notable inicio de certame en Arteixo, o Campionato Xunta de Galicia de Autocross desprázase ata Taragoña para acoller a segunda proba do certame, o 31 Autocross de O Castro.
O crecemento en canto a inscritos vólvese a notar na proba coruñesa, que terá 58 equipos na liña de saída das distintas categorías.
Nesta ocasión serán 21 carcross na categoría sénior, con especial interese ao que farán pilotos como Diego García, Darío Calviño,Kin Chamorro, Sergio Busto ou Juanjo Moll, entre outros. Entre os carrozados das clases I e II estarán os principais candidatos á victoria no certame con Jon Ander López, Daniel Castro ou Felipe Santos (Clase II) e Eloy Castro, Manoel Felípez ou Javier Lea (Clase I).
Entre os carcross júnior, oito inscritos nunha categoría que continúa a crecer e contará coa presenza do becado da FGA, Xaquín Corbal.
Tamén participarán os potentes clase IV para rodar de cara a seguintes probas do certame.
A recuperación de inscritos na modalidade é o mellor aliciente para asistir á proba organizada pola Escudería Rallyactividad, que comezará a actividade ben cedo coas verificacións técnicas.
A partir das 10:00 horas, turno para os adestramentos libres, para afrontar dende as 11:50 os oficiais que definirán as grellas para a competición da tarde.
Ás 14:30 comezarán as clasificatorias, para celebrar a partir das 18:00 horas as finais das distintas clases presentes.