Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, foi o gañador do Slalom de Guitiriz, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom.
Picallo marcou un crono de 1:39.631, algo menos de medio segundo máis rápido que os segundo clasificado, Pablo Castro.
O terceiro chanzo do podio foi para Anxo Lariño, que despois da súa incursión inicial no certame con victoria en Rianxo, engadiu un novo resultado positivo a súa traxectoria no Citroën Saxo VTS.
Completaron os cinco primeiros clasificados, Iban Garrote e David Santos.
Miguel Villanueva foi o mellor clasificado dentro do apartado de debutantes, no BMW 323i E46 na posición 17 da xeral.