O concurso de debuxo posto en marcha dentro do programa de charlas de introducción ao automobilismo deportivo «FGA nas Aulas de Primaria» xa ten gañadora.
O xurado, composto polo presidente da FGA, Antonio Rodríguez Troitiño; Lucía Santos (GADIS); María Pérez Burgos (Integrante da FGA) e Román Lamas (Secretario da FGA) escolleron como gañadora entre os máis de 700 debuxos presentados a este concurso a África García, alumna do CEIP de A Pontenova (Lugo).
A proposta de África destaca polo uso da cor e as proporcións, o que lle fixo ser merecedora de convertir en realidade o seu deseño, nunha selección dun enorme nivel e creatividade por parte dos estudantes galegos.
Desta forma, Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey utilizarán unha nova decoración na derradeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes, o Rallye San Froilán.
O deseño será desvelado nun acto na explanada da Casa do Concello de Outeiro de Rei, o venres 18 de outubro ás 12:00 horas da mañá.
Esta iniciativa foi posible gracias ao apoio de GADIS, Lácteos Kalekoi e MSVideo e terá continuidade durante este curso 2024-25.
Os detalles da segunda edición do programa «FGA nas Aulas de Primaria» desvelaránse a finais do mes de outubro.