A Federación Galega de Automobilismo, despois dunha tempada con case cincuenta probas puntuables nos diferentes Campionatos Xunta de Galicia, entregará os premios aos mellores equipos da tempada na Gala que terá lugar o día 11 de xaneiro ás 19:30 horas en Poio.
A continuación publícase o listado dos vencedores e vencedoras en todas e cada unha das modalidades e que recibirán o seu trofeo no acto de xaneiro. Nos vindeiros días os gañadores recibirán un correo para confirmar a súa asistencia.


