Despois dunha exitosa primeira edición, o programa de charlas “FGA nas Aulas de Primaria” retorna no curso 2024-2025 aos centros escolares galegos.
A Federación Galega de Automobilismo abre novamente o prazo de solicitude para acoller unha das 10 charlas de introducción ao automobilismo deportivo que terán lugar entre os meses de xaneiro e xuño do ano 2025.
No anterior curso foron máis de 700 alumnos os que estiveron presentes nesta xira de faladoiros nos que os máis pequenos desfrutaron das anécdotas e experiencias dos deportistas e organizadores galegos, ademáis de aprender sobre as diferenzas entre as distintas modalidades, recoñecer as medidas de seguridade nas probas e vehículos de competición e, como non, sobre seguridade vial e alimentación, algo imprescindible no día a día dos nenos.
Ademáis, tamén terá continuidade o concurso de debuxo posto en marcha na primeira edición. O gañador ou gañadora deste certame será responsable da rotulación do vehículo do equipo becado pola FGA en Rallyes composto por Marco Lorenzo e Diego Gil nunha proba da tempada 2025.
Esta actividade celébrase íntegramente en galego como parte do compromiso da FGA coa promoción da lingua e contará coa presenza de pilotos, copilotos, organizadores e integrantes da FGA.
Os requerimentos para participar nesta actividade son:
- Centro escolar en calquera das catro provincias galegas.
- Contar cun espazo exterior no que poder situar algún vehículo de competición.
- Contar con alumnos de cursos entre 3º e 6º de primaria.
- Permiso para a difusión do material audiovisual nas redes da FGA e en distintos medios de comunicación.
Os centros escolares interesados deberán enviar un correo electrónico a prensa@fga.es co nome do centro, localidade e número de alumnos que participarían na charla.
O prazo para solicitar unha das dez prazas remata o día 20 de novembro ás 12:00 horas do mediodía e terán prioridade na asignación de datas os centros que non participasen na primeira edición do ciclo.
