A FGA ORGANIZA UN CURSO DE CRONOMETRADORES E OUTRO DE COMISARIOS DE RUTA E RADIOS EN LUGO

29 octubre, 2024

A Federación Galega de Automobilismo, en colaboración co primeiro Salón de Competición Expo Racing Galicia, organiza en Lugo, o día 16 de novembro, un Curso de Cronometradores e un de Comisarios de ruta e Radios que marca o comezo das actividades da Escola de Formación Estanislao Reverter.

Este curso, que se atopa integrado dentro das actividades de Expo Racing Galicia, terá a homologación por parte da FGA, grazas a formación impartida polos diferentes ponentes entre as 10:00 e 14:00 horas nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O prezo de inscripción para este Curso de Cronometradores é de dez euros e haberá que matricularse no seguinte formulario.

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN CURSO DE CRONOMETRADORES FGA

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN CURSO DE COMISARIOS DE RUTA E RADIOS FGA

O prazo de inscripción remata o xoves 14 de novembro ás 12:00 horas do mediodía. No concepto do pago debe figurar o nome da persoa inscrita no mesmo. O número de conta está no formulario.

Ademáis deste curso de Cronometradores, a FGA tamén porá en marcha nas próximas semanas un curso de Comisarios Deportivos, xunto con doutras actividades complementarias baixo o paraugas da Escola de Formación Estanislao Reverter.

Todas estas actividades están dirixidas a mellorar a formación dos oficiais e deportistas galegos, de forma que mellore o nivel organizativo de dos participantes nas probas de carácter autonómico.

Compartir