ANUBE SERÁ O NOVO PROVEEDOR DE CRONOMETRAXE DA FGA NA TEMPADA 2026

18 diciembre, 2025

A Federación Galega de Automobilismo pechou un acordo ventaxoso para o cronometraxe e sistema de GPS da tempada 2026 coa empresa galega ANUBE, que desta forma reemplaza a GMHP neste servizo.

Desta forma as entidades organizadoras terán un importante aforro dado que no novo contrato o transporte do material, o aluguer de equipos e custo do xefe de cronometraxe xa van incluidos no mesmo. As melloras de servizo tamén serán considerables debido a que o novo sistema incluirá a dobraxe, un sistema de cronometraxe por transponder, un dobraxe manual e outro por GPS.

Asemesmo disporase de tempos intermedios sen custe algún.

Con respecto ao custo do GPS manterase na tempada 2026, o mesmo que os soportes, que serán os mesmos da tempada 2025. A empresa ANUBE comprométese a un mantemento máis exhaustivo dos dispositivos para tentar mellorar a cobertura dos mesmos.

Queremos dar as grazas a empresa GMHP e ao seu responsable Germán Morales polo traballo feito nas últimas tempadas.

Compartir