Despois de varias semanas de conversas e dada a imposibilidade de organizar co tempo suficiente unha nova carreira logo da cancelación do Rallysprint da Ulla, a Federación Galega de Automobilismo decidiu que neste 2025 o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i de 2025 terá catro probas puntuables.
Estas conversas continúan con este organizador e outros para facer un certame máis completo e aínda máis forte na tempada 2026.
Desta forma, o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i rematará en Lobios os días 3 e 4 de outubro.
Tal e coma está contemplado no artigo 4 do regulamento xeral de rallysprint de 2025, o sistema de puntuación do campionato mantense.
