A FGA PON EN MARCHA O «2º CURSO DE CRONOMETRAXE» EN CUNTIS

31 marzo, 2025

A Federación Galega de Automobilismo, dentro das actividades incluidas dentro da Escola «Estanislao Reverter», pone en marcha o 2º Curso de Cronometraxe en Automobilismo, que terá lugar o día 26 de abril no Centro Cultural Patelas de Cuntis.

Este segundo curso de cronometraxe estará impartido por María Perez Burgos, Miguel Simoes Rial e Fernando Adán Couceiro.

Esta actividade terá un prezo de 30 euros e ademáis da formación incluirá a comida do mediodía. O aforo está limitado a 30 persoas.

Tódolos interesados deben inscribirse no seguinte formulario e enviar o xustificante de pago a fga@fga.es

HORARIO E PROGRAMA DO CURSO DE CRONOMETRAXE

FORMULARIO INSCRIPCIÓN CURSO

Compartir