O CEIP As Bizocas de O Grove foi a cuarta parada do curso do programa «FGA nas Aulas», un ciclo de charlas que tenta aproximar o automobilismo deportivo aos alumnos e alumnas galegas.
Nesta ocasión foron 95 nenos e nenas de primaria os que desfrutaron de case dúas horas de aprendizaxe e diversión relacionadas co mundo da competición autonómica. Nesta ocasión o invitado foi Toño Otero, presidente de Congostra Team Sanxenxo, que ademáis levou á escola un Peugeot 208 R2 que fixo as delicias de tódolos asistentes.
Ao longo da xornada, os e as estudantes escoitaron as explicacións do invitado, preguntaron tódalas súas dúbidas e recibiron a plantilla para participar no concurso de debuxo que fará realidade no vehículo do becado da FGA o que saia da súa imaxinación.
Despois das catro primeiras charlas desta segunda edición do programa «FGA nas Aulas de Primaria» son xa máis de 300 escolares os que pasaron por el.