David Varela, Martín Castro, Diego García, Iago Rodríguez e Enrique Castro foron os vencedores do Autocross de O Castro segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross.
O bo tempo fixo que abundante público se achegase ata o circuito de Taragoña, onde nesta ocasión participaron 58 equipos, o que confirma o aumento de participación no certame.
Na clase I, victoria para David Varela, que no Peugeot 306 superou en apenas tres segundos a Manoel Felípez e en 13 a Javier Lea.
Martín Castro foi o mellor na clase II cun tempo final de 5:17.670 (Citroën Saxo). O segundo chanzo do podio foi para Iván Fernández (Peugeot 206) e o terceiro para Daniel Castro (Peugeot 106).
Diego García confirmou o seu excelente estado de forma neste comezo de 2025 coa victoria en O Castro entre os carcross. Aos mandos do LifeLive, García aventaxou en máis de dez segundos ao segundo clasificado, Darío Calviño. O terceiro posto da clasificación foi para Esteban Trigo.
Sergio Busto foi o vencedor da MRF, seguido de Manuel Costas.
Entre os carcross júnior, primeira posición para Iago rodríguez, con Lolo Bermúdez no segundo lugar e Joao Traila, terceiro.
O becado da Federación Galega de Automobilismo, Xaquín Corbal, foi quinto clasificado e segundo da MRF Júnior, nunha competición na que se impuxo Daniel Cierto.
Por último nos clase V, primeiro posto para Enrique Castro, seguido de Javier García e de José Manuel Castro.