SENÍN, VICTORIA E RÉCORD NA SUBIDA A TABOADA 2025

27 abril, 2025

Jacobo Senín, aos mandos da Nova NP01 foi o vencedor da duodécima edición da Subida a Taboada, primeira proba puntuable para o Campionato xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.

Senín, que batiu o seu propio récord na rampa lucense en dúas ocasións (o novo mellor crono da rampa é 1:26.908), deixou o crono final en 2:56.414.

O segundo posto da clasificación foi para Jorge Fernández, no debut da Gloria C8P, a 13,2 segundos do gañador.

Completou o podio, Alexis Vieitez, na estrea en Galicia da Lola F3000.

Entre os carrozados victoria para Jorge Pérez Alonso, cun crono final de 3:18.684. O do Porsche 991 GT3 superou en 3.5 segundos a Javier Carballo e en 3.6 a Sergio Vallejo, nun podio composto íntegramente por vehículos xermanos.

Entre os carcross, primeira victoria da tempada para Beni Porto, seguido de Fernando Varela e de Alex Crespo, que protagonizaron unha fermosa loita polo podio.

O cuarto lugar da clase 8 foi para o becado da Federación Galega de Automobilismo, Mario Rivera, nunha carreira cunha evolución constante, obxectivo marcado antes  do comezo da proba.

Na estrea da Copa CM Montiño – Terras de Lantaño «Memorial Paco Outeda», primeiro posto para Martín Villar, seguido de José Antonio De Arriba, que a súa vez foron quinto e noveno da xeral, respectivamente

Na regularidade, primeiro triunfo da tempada para Iván e José Antonio López, no Peugeot 106 (21.947 puntos). Segunda posición para Sito Cabral e José Manuel Quintas e terceira para Fernando Ferreiro e Antonio Martínez.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre tará lugar no mes de maio con motivo da Subida a Vilar de Barrio, en Ourense.

Compartir