O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi afronta dende este venres a cuarta proba puntuable, un Rally Mariña Lucense que batiu o seu récord de inscritos ao chegar aos 101 participantes, mostra do crecemento do certame autonómico.
Un certame que chega ao norte da provincia de Lugo coa clasificación apretada logo da retirada de Víctor Senra no pasado Rali Berberecho de Noia. De tódolos xeitos o vixente campión, que nesta ocasión estará copilotado por José Murado, parte como favorito ante Dani Berdomás e Brais Mirón ou Alberto Meira e Avelino Martínez, entre outros.
Nesta proba destaca o debut de César Gonzalves e Miguel Peña nun Skoda Fabia R5 e a presenza de Antón Pérez e Diego Vázquez e Alberto Otero e Jordan Vázquez, cun Skoda Fabia WRC e un Mitsubishi Lancer WRC, respectivamente.
Ademáis da loita pola cabeza, no Rally Mariña Lucense comezará a segunda edición da Sandero Eco Cup Galicia, que terá a seis equipos nesta cita de debut. Ademáis tamén competirán os participantes da Top Ten Pirelli Driver Autia B e C, a Pirelli AMF, o Volante FGA e o Criterium Recalvi.
En canto ao plantexamento da proba, os equipos tomarán a saída esta noitiña (20:00 horas) dende o corazón de Viveiro coa cerimonia oficial, para afrontar durante a xornada do sábado 10 de maio 8 treitos cronometrados con comezo as 08:50 horas e chegada do primeiro dos participantes ao parque pechado final a partir das 22:00 horas.
Toda a información da proba pode atoparse no Sportity, Clave: MARINA2025.
Os tempos online do Rallye Mariña Lucense están na seguinte ligazón: