Pablo Castro, no Citroën AX, foi o vencedor da primeira edición do Slalom de Vilatuxe, proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Castro, que xa sabe o que é vencer no certame esta tempada, logrou o triunfo gracias o tempo marcado na primeira manga oficial da xornada (1:54.422).
O segundo posto da clasificación xeral da proba, xa lonxe do vencedor, foi para Rubén Gandoy, aos mandos do seu Peugeot 206 XS.
Completou o podio da carreira Anxo Lariño. Que despois do seu triunfo en Rianxo sumouse a participar con máis asiduidade no certame autonómico.
Antonio Amor e Damián Pena foron cuarto e quinto clasificados, respectivamente
No apartado de debutantes, primeira posición para José Luis López. Adrián Insúa foi o segundo clasificado e José Alberto Otero o terceiro.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom terá lugar o día 26 de outubro en Sarria.