O Campionato Xunta de Galicia comeza esta fin de semana coa celebración da que xa se convertiu na cita de apertura clásica, o Slalom Concello de Guitiriz.
Sexta edición da carreira lucense, que nesta ocasión contará con 48 equipos na liña de saída situada en pleno corazón da localidade.
Pablo Castro, Aitor Fornos ou Damián Pena parten coma candidatos á victoria ante a ausencia do campión de 2024, Rubén Gandoy.
O percorrido será o habitual, concentrado no corazón de Guitiriz, con visibilidade na grande maioría do trazado.
En canto aos horarios, as verificacións técnicas terán lugar as 08:30 horas. A primeira manga de adestramentos comezará 11:15, sendo a segunda xusto a continuación.
A dúas mangas oficiais comezarán a partir das 16:30 horas.
A entrega de premios está marcada para as 21:15 horas.