ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E COMPETITIVIDADE NO KARTING DE AS PONTES

21 julio, 2024

Fin de semana de competición no Circuito de As Pontes coa celebración da segunda data puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Karting, que nesta ocasión contou con máis de 80 equipos.

Dúas xornadas de karting que deixaron fermosas loitas polos postos de cabeza nas distintas categorías, sempre coa mirada posta no ceo, xa que a chuvia foi protagonista o sábado, pero deu un respiro o domingo.

Na categoría Mini, primeiro posto da clasificación final para Rafael Simón, por diante de Daniel López (1º clasificado Mini Novel) e de Kevin Fernández. Martín Coria e Castiel Álvarez foron segundo e terceiro dentro da modalidade Mini Novel.

Aroa Fernández obtivo unha contundente victoria dentro da categoría rookie ao vencer con moita marxe as dúas carreiras oficiais. Completaron os outros dous chanzos do podio Nicolás Fernández e Alex Busto.

Dentro dos participantes na categoría júnior, primeiro lugar para Alejandro Méndez, seguido de Daniel García de Alain Alonso.

A abundante categoría sénior foise a mans de Raúl González. O segundo posto da clasificación foi para o becado da FGA en Autocross, Alexandre Mariño e o terceiro para Ylenia Domínguez.

Por último, dentro da categoría KZ, primeiro posto para César Álvarez. Nacho Aviñó foi o segundo clasificado (1º en KZ2) e Jorge Suárez, terceiro (2º en KZ2). Digo González foi cuarto clasificado e terceiro en KZ2.

Ademáis os equipos da Escola IRT realizaron as súas carreiras dentro do seu programa formativo no Campionato Xunta de Galicia de Karting e os pre-rookie continuaron co seu crecemento como pilotos durante o chuvioso sábado.

Compartir