O Campionato Xunta de Galicia de Autocross volve a actividade esta fin de semana (14 de setembro) coa celebración da quinta proba puntuable, o 85 Autocross de Arteixo.
A cita coruñesa contará con máis de 60 equipos na liña de saída, o que confirma o crecemento da modalidade a nivel autonómico. Nesta quinta parada do certame estarán presentes os principais candidatos ao título autonómico en todas as clases puntuables, con especial atención a Clase II e a Clase III con 19 e 26 equipos presentes, respectivamente.
En canto aos horarios, as verificacións comezarán ás 08:15 horas no circuito, mentres que os adestramentos libres teñen as 10:30 horas como data de comezo. Ás 12:00 horas do mediodía será o turno dos adestramentos oficiais.
Despois do parón do mediodía, ás 15:00 horas, turno para a primeira manga clasificatoria, coa segunda marcada para as 16:12 horas.
As finais comezarán a partir das 17:00 horas.