Alexis Vieitez, aos mandos do Celtic Dicode, foi o dominador da Subida a Ponte Caldelas, derradeira proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Montaña.
Vieitez marcou un crono final de 4:25.267, máis de 20 segundos máis rápido que o segundo clasificado, Martín Villar.
O terceiro chanzo da xeral foi para Daniel Rodríguez, no Silver Car.
Completaron os cinco primeiros clasificados Adrián Artidiello e Rubén Rodríguez.
Entre os participantes da categoría 9 reservada a carcros, triunfo para Alfonso «Pisko» Ventín por diante de Beni Porto e Giovanne Iglesias.
O becado da Federación Galega de Automobilismo, Mateo García, rematou o curso cun sexto posto na categoría.
Na modalidade de carrozados, victoria para Jorge Pérez Alonso co Porsche 991 GT3. Manuel Senra foi segundo clasificado e Pablo Rey, terceiro.
Antonio Cid foi o mellor no desafío Kumho mentres que na modalidade de regularidade, primeiro posto para Carlos Gutiérrez e Elías González, con 21781. A continuación, Cristian Castro e Mario Martínez e Iván e José Antonio López.