A Federación Galega de Automobilismo, a través do seu departamento técnico e os participantes da Challenge R2 – Recalvi mantiveron un proveitoso encontro nas oficinas da FGA en Lalín de cara a axustar algúns asuntos regulamentarios para conter custos e traballar para o crecemento dun formato promocional que se destapou coma un éxito despois da primeira proba puntuable.
Desta forma, nun ambiente de traballo e posta en común de ideas chegouse aos seguintes acordos que xa serán obrigatorios na segunda proba puntuable do certame o Rally de Pontevedra:
- Uso de Gasolina 98 de surtidor. Prohibida a gasolina de competición.
- Obligatoriedade de equipar un catalizador homologado.
- Todos aqueles vehículos que na súa ficha FIA de fabricación tiveran incluido o depósito de seguridade deben mantelo e telo ao día tal e como foi publicado no día de homologación inicial do modelo.
- Instalación de sistemas de extinción incluidas na lista técnica 16 da FIA para a tempada 2025. Estos sistemas deben actualizarse a norma 8865-2015 para a temada 2026
Ademáis destos temas acordados, tratáronse distintos asuntos que serán avaliados para a segunda edición deste formato promocional.