MRF realizou varias xornadas de test a pasada semana no circuito de Valencia de Don Juan de cara a mellorar o rendemento das gomas para carcross.
O fabricante afirma que estas modificacións no pneumático melloran sustancialmente o seu rendemento. Desta forma destacan que «aproveitaremos para probalas durante o Autocross de Carballo para validar os resultados obtidos en Los Cucharales. Da mesma forma que xa fixemos noutras probas da tempada, todos os pilotos que o desexen poderán mercar estes pneumáticos coa talla feita desta forma sen custo extra. Unha vez validado este proceso de talla modificaremos o molde para que en posteriores tempadas xa veñan así de fábrica».
Tamén aproveitan para recordar as presións correctas de pneumáticos en autocross e rallymix:
Dianteiras lamias normais: 0.5 bar
Dianteiras lamias beadlock: 0.4 bar
Terreo brando e bo:
Traseiras lamias normais: 0.5 bar
Traseiras lamias beadlock: 0.40 – 0.45 bar
Terreo duro, bacheado ou pedras:
Traseiras lamias normais: 0.6 bar
Traseiras lamias beadlock: 0.5 bar