CONVOCATORIA DE REUNIÓN INFORMATIVA CON PILOTOS E PREPARADORES DE CM, FÓRMULA, BARQUETAS E REGULARIDADE

5 septiembre, 2024

A Federación Galega de Automobilismo, coa vista posta xa na tempada 2025, convoca aos equipos participantes con vehículos CM, Fórmulas e Barquetas a unha reunión informativa de cara a explicar as modificacións do regulamento técnico que se plantexa facer de cara ao próximo ano. Nesta reunión, na que tamén poderán estar presentes preparadores e contará coa asistencia da Comisión de Montaña e do delegado técnico de montaña na FGA, Moncho Santiso, analizaranse os distintos escenarios para mellorar un certame que deu un paso adiante en 2024.

Da mesma forma, tamén se convoca aos participantes da categoría de regularidade para unha reunión na que se escoitarán as súas demandas na procura de cambios ou modificacións para a tempada 2025.

As dúas reunións serán o domingo 15 de setembro na sede da Federación Galega de Automobilismo en Lalín.

  • A reunión de CM, Fórmulas e Barquetas comezará ás 10:00 horas da mañá.
  • A reunión de regularidade comezará ás 12:00 da mañá.

Compartir